vós, europeus, sodes os terroristas

Estes dias tivem algumha que outra discussom com um amiguete polo tema das caricaturas famosas. Nom se trata de umha qüestom de "liberdade de expressom". Aqueles que invocam hoje a liberdade de expressom, o laicismo e os valores democráticos para defender a publicaçom das caricaturas estariam indignados se amanhá alguem publicara umha caricatura ou um artigo burlando-se ou negando o holocausto judeu.
Nom se trata de umha qüestom de liberdade de expressom frenta à intoleráncia religiosa. Nem tampouco de um debate "multiculturalista" sobre o respeito às convicçons religiosas. A triste imprensa europeia é incapaz de reflexionar sobre a sua própria responsabilidade e mostra a reacçom "intolerante" dos muçulmanos...."som fanáticos", dim alguns, "é que no Islam nom se permite representar a Maomé", dim outros; bla, bla, bla.
O amiguete com o que discutia sobre isto argumentava que, entom, haveria que proibir a Vida de Brian. Nom é isso. Está claro que é umha qüestom de humilhaçom. De humilhaçom permanente à que estám a ser submetidas as sociedades árabes e muçulmanas desde as colonizaçons europeias. O islam é umha religiom de paz. Representar a cabeça de Maomé como umha cabeça-bomba é chamar terroristas a todas as muçulmanas. É racismo e islamofobia. É chamar terrorista ao islam. É ofender a memória daquelas assasinadas polo terrorismo dos estados ocidentais no iraque ou na Palestina. É umha ofensa a todas as sociedades muçulmanas, e que precissamente, provém daqueles que forom e som causantes do terror, a violência e o sofrimento do mundo árabe moderno: os estados europeus.
A realidade é que as empressas europeias tiram grandes benefícios em conivência com o despotismo quase feudal de muitos governos árabes, que oprimem aos seus povos. Este tempo pós-colonial é tam colonial como quando viviam um milhom de franceses na Algéria. Mudou a sua forma, mas nom as relaçons de poder e privilégio.
Num alarde de ignoráncia escandalosa frente ao pensamento, a filosofia e cultura árabes, proclamamos a nossa superioridade moral. É só acertamos a publicar umhas caricaturas chamando terroristas aos muçulmanos. E mentres, compramos em Zara sem sequer pensar a situaçom na que vivem as mulheres que fam essa roupa em Tánger ou Tetuam.
Nestes tempos de guerra global permanente o "terrorismo internacional" -venha o "terrorismo islamista"- é um dos pilares sobre os que se asentam as políticas de guerra e a gestiom do medo. Combater a islamofobia, ou desmontar os dispositivos discursivos das politicas migratórias e de seguridade, som tarefas fundamentais para abirmos linhas de fuga nesta barbárie-pós colonial.
E como neste blogue há liberdade de expressom admito que me ponhades a caldo se o vedes de outra maneira, habibis.
"Una turba de unas diez mil personas quema el consulado danés en Beirut"
E dá-lhe com o guiom: islam-fanatismo-irracionalidade-turba.
Que vivam as turbas, pois. (Comentar)
Um abraço, Leo. (Comentar)
Estes dias escoitei a Sami Nair sobre o particular, para hixiene das miñas orellas. Dixo exactamente o mesmo que se di neste blogue, exactamente o mesmo, e é sorprendente que teña que vir un tipo tan pouco radical como Nair a salientar algo tan obvio (o cal non tira méritos ao texto do blogue)
Os dias en que se estaba laiando o persoal pola sacrosanta 'liberdade de expresión' Otegi estaba en Madrid declarando por catro (si, 4, non un nin dous) delitos de enaltecemento do terrorismo, delito de opinión impróprio de calquera pais democrático que, outra obviedade, supón un inadmisible recurte da 'sacrosanta' liberdade de expresión.
As caricaturas xurden en Dinamarca. E iso non é casualidade. Dinamarca é un dos lugares nos que a extrema dereita ten un maior asento social, electoral e institucional. Que sexa precisamente alí onde xurde un fenómeno como este, que pretende máis unha vez convencer-nos de que vivimos nun choque de civilizacións, non é casualidade. Do mesmo xeito que a clase guerreira ianqui e Al-Qaeda presentan múltiples similitudes cognitivas, quen defende o choque de civilizacións, veña de onde veña, comparte tamén eses similitudes.
O únco pais de maioria musulmana no que teño estado é Bosnia. E alí o best-seller nos souvenirs turísticos eran unha camisetas que dician 'I'm a muslim' (por diante) '...but I'm not a terrorist' (por detrás). Me da que hai xente que está cansa de ter que imprimir esas camisetas. (Comentar)
Hai aquí algo para seguir pensando, non para rexeita-lo que dixestes.
As Nómadas xa explican que unha tarefa nosa é desmontar discursos que nos separan de nós mesmos. Ir facendo unha rede de conversacións, diso se trata. Agora penso nun bo medio para estas conversacións, Indymedia Madiaq. O xeito de que a xente separada por fronteiras e por historias-mito preparadas para dividi-la e dominala se xunte por fóra dos medios de propaganda.
Para nós Siria ou Líbano ou Irán son espacios onde o dominio sobre a xente, dentro da xente, é moi violento, por mor do reparto de forzas ó que no tempo chegaron as castes militares e mercantís e os sistemas de clans de todo o mundo no seu ir
creando redes de poder cada vez máis xenerales. Espacios nos que o dominio é moi violento son tamén as favelas e os barrios de Washington e Los Angeles. Outro espacio é Palestina.
Un amigo meu dixo: Seguramente os medios de comunicación fixeron neses países unha grande presión para que a xente fixese iso. ¿Por qué o fixeron? Misterio do poder. ¿Por que os medios de comunicación decidiron borra-los rastros de sangue e humanidade dos aramios de Melilla? Misterio do poder. A mesma claridade. Os efectos dos poderes autoorganizados sobre nós, sobre partes de nós, sobre masas de nós, son o que debe cesar. E para iso falamos, saímos das súas trampas mentais, os desbordamos, imaxinamo-la vida libre, por exemplo a vida urbana-rural organizada en asambleas no espacio palestino, sen Estados nen gobernos-mafia nen grupos militares que impiden a crítica dos xeitos de traballo no agro, nas fábricas de roupa de Gaza e Israel posuídas por palestinos e israelíes para o ben da circulación internacional de mercancías, é dicir, de nós mesmos.
E dicir, imaxinamos, falamos, anticipamos. E así imaxinaremos tamén como ir chegando a facelo, ou a facer máis. Iso é o que lle queda por dicir a Paolo na entrevista. Unha cousa é o que sentimos que non podemos facer sen ser destruidos e outra o que queremos, e para o que temos que inventa-las nosas ferramentas.
Nómadas, non son quen de ve-lo que escribín máis arriba, se cadra perdín tamén o fío: desculpas daquela.
Eva Forest mostra moi ben como os grupos que gostan do mando e o perpetúan saben inventa-las súas máquinas-ferramenta moi precisas. Teñen tamén o costume de pensar no tempo, de ver-producir longos procesos e o seu xeito de maniobrar neles. Iso faremos, desde abaixo, pero xa sen partidos que nos manipulen, por iso a cousa leva tempo.
(Comentar)
As caricaturas som umha parte mais do entramado criado polos "chefes" europeus para, de jeito pérfido e subliminar, coma quem nom quere a coisa, amosar-nos um islamismo perigoso para o nosso perfecto mundo de harmonia pacífica occidental.
Patético...
Bjs e parabens polo blogue
láura (Comentar)