Terça-feira | Dezembro 13, 2005

alucinante relato do que passou este fim-de-semana em Boiro

Os homens de harrison em acçom:

Olá noctámbulas e demais espécies. Colo aqui um email que envia um colegui contando o que passou este sábado em Boiro. Nom, nom; nom é umha péli de acçom ianqui...estas coisas passam...

 " Amig+s, compañeir+s de vicisitudes, de cama e de barraca, de borracheira e de cafés, sentimentais... soci+s

  Este último sábado, como calquera outro, saín en Boiro cos amiguetes a insuflarme Gin&Tonicse pasou algo que xamais vira antes. De feito xa fóramos avisados. Nos prolegómenos da noite unha amiga achegouse ata onde estabamos sentados e díxonos que a garda viril estaba parando un coche detrás de outro á entrada da zona de marcha. O problema é que un amigo seu parara a uns que facían dedo e estes, ó ver ós picoletos, deixaron os porros dentro do coche. A garda viril estaba buscando expresamente por drogas. A performance foi brutal, coas botas ben axustadas e anudadas cos pantalóns por dentro delas, xerseis de lana e pasamontañas, ademais dunhas boas lanternas. Atoparon os porros e se non chega a ser porque ó cabo cantou un dos que fixera dedo... ó dono do coche caeríaselle o pelo. Cando chegou o resto da miña pandilla, confirmaron a performance porque incluso pararon ó taxi no que viñan.

  Pois ben... ben tarde (ou ben cedo) sobre as 7 da mañá ou incluso máis tarde estabamos no único after-hours aberto. E de súpeto entraron sobre uns 12 e 15 picoletos, arramblando coas portas batibles como se foran cowboys. Cruzaron toda a pista (o clube estaba ateigadísimo) empuxando á peña ata que chegaron á cabina do pincha. Este apagou a música e encendeu tódals luces. Despois da mueca draculiana de pavor ante a luz brillante quedamos flipados porque aínda con esas luces encenderon as lanternas que elevaron co brazo por riba das súas cabezas para así apuntar cara abixo, un plano contrapicado de luz para buscar drogas!!! Flipante!!! Apuntaban ás mans da peña ós que agarraban e movían para facer máis sinxela a busca. Foi algo demencial!!! Eu estaba nun lateral do clube apretándolle a unha nena e cando virei a cabeza ó ver a esa marea (ou morea de merda) verde pola porta puden presencia-lo todo. Ver a 15 homes de verde fozando entre a xente, uliscando, metendo os fuciños con esa axitación nerviosa da DEA ou dos SWAT nas pelis gringas... bueno, bueno, bueno.

  Así que os meus colegas e eu empezamos a berrar improperios. O resto da peña continuou virando cara eles de tal xeito que houbo un movimento colectivo e acompasado para poñerse cara a cara coa garda viril e poder soltar sapos e serpes pola boca. Nun momento a grandísima maioría dese 15 axentes estaban concentrados no medio da pista como futbolistas rodeados de siareiros da equipa contraria (por certo, o celta vai mallar no depor este sábado) mentando a súa nai e o seu baixo cociente de intelixencia. Acto seguido empezaron a marchar con psamontañas incluidos. Non sen amenazar primeiro a varios rapaces que se emocionaron cos berros e case lles destrozan os tímpanos ós picoletos. Buscaron drogas nas súas mans e puxeron pose ameazante, pero non fixeron máis. Os berros medraron... fillos da puta!!!

  Pois eso é, menuda movida, en que mundo vivimos!!! Xa non deixan nin que nos emborrachemos nin que liguemos tranquil+s. Se queren atopar drogas, ben saben a onde teñen que ir, pero tampouco será cuestión de molestar ós pijos en discotecas de non sei cantos eurazos a entrada e cos cochazos no párking.

En fin...

Apertas


Escrito por nómadas queer em 00:10:31 | Link permanente | Comments (0) |
Comentário
Escreva um comentário